A Corazón Aberto A Corazón Aberto A Corazón Aberto A Corazón Aberto A Corazón Aberto

A Corazón Aberto

A pesar de que o tempo de apertura foi máis ben escaso, A corazón aberto. Urxencias arqueolóxicas 1991-1998 resultou unha exposición memorable.

A Casa das Artes de Vigo recibiu numerosísimas visitas de persoas interesadas en coñecer os achádegos arqueolóxicos da cidade. Aqueles que xordiran do corazón urbano nos anos noventa: o primeiro muro romano urbano atopado —baixo o vello edificio Ferro—, o traballo de delimitación da vila romana na illa de Toralla ou as intervencións na rúa do Areal. Para PXC tamén foi memorable; A corazón aberto foi unha das primeiras grandes exposicións nas que traballamos. A través do deseño expositivo e da montaxe debiamos ser capaces non só de difundir o Vigo que agromaba das excavacións, senón a importancia que estaban adquirindo estas intervencións. Coa colaboración dos especialistas na materia, os arqueólogos, a mostra converteuse nun éxito entre a cidadanía.