ARVI 50 aniversario
- Categoría: Eventos sociais
- Data: Setembro-Novembro 2014
- Cliente: Cooperativa de Armadores de Vigo (ARVI)
Traballamos con ARVI na organización de diferentes degustacións en prazas de abastos e mercados de Vigo e contorna: O Calvario, Redondela, Cangas, As Travesas, Baiona e Teis
A Cooperativa de Armadores de Vigo (ARVI) quixo celebrar o seu 50 aniversario cunha serie de eventos que deran a coñecer o seu traballo ao tempo que servían para incidir nas delicias do mar ante o gran público. Traballamos con ARVI na organización de diferentes degustacións en prazas de abastos e mercados de Vigo e contorna: O Calvario, Redondela, Cangas, As Travesas, Baiona e Teis. Nas cociñas contamos coa valiosa axuda da xente de Pazo da Touza (Nigrán). Ademais colaboramos na montaxe da exposición “As artes da pesca”, aberta entre setembro e decembro na sede de ARVI no Porto de Vigo e na participacion de ARVI na asamblea da NAFO, celebrada entre o 22 e o 26 de setembro no Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo.