Cabalgata dos Reis Magos de Vigo
- Categoría: Eventos sociais
- Data: Anual. Xaneiro
- Cliente: Concello de Vigo
Posiblemente a Cabalgata de Reis Magos sexa o evento máis popular en calquera cidade, tamén en Vigo.
A PXC foille encomendado en varias ocasións o coidado destes tres personaxes e a organización das súas carrozas, nas que van acompañados de escolares da cidade que, a través dun concurso, conseguen unha praza na carruaxe. Ademais os tres reis magos precisan dun escenario no que recibir a nenas, nenos e autoridades locais. A tarde do 5 de xaneiro milleiros de persoas —difícil de calcular pero preto de cen mil—, grandes e pequenas, saen ás rúas céntricas de Vigo para recibir a Melchor, Gaspar e Baltasar.