Camiño. A orixe
- Categoría: Proxectos museográficos e montaxe de exposicións
- Data: 13/03/2015-13/09/2015
- Cliente: Fundación Cidade da Cultura
Máis de 150 obras formaron parte deste proxecto coordinado por María García Alén e con deseño expositivo dos arquitectos Irisarri-Piñera.
Colaboramos coa Fundación Cidade da Cultura na montaxe da exposición “Camiño. A orixe”. A mostra, que ofrecía unha visión contemporánea da ruta xacobea, estivo aberta do 13 de marzo ao 13 de setembro no primeiro e segundo andar do Museo de Galicia. Máis de 150 obras formaron parte deste proxecto coordinado por María García Alén e con deseño expositivo dos arquitectos Irisarri-Piñera. A reportaxe fotográfica é de Manuel G. Vicente.