Ciclo Do Audible
- Categoría: Acción cultural
- Data: Xuño-Novembro 2013
- Cliente: Asociación Vertixe Sonora
O colectivo Vertixe Sonora solicitounos colaboración para a difusión e promoción do ciclo de música contemporánea Do Audible, unha proposta de catro concertos noutras tantas cidades: A Coruña (Museo de Belas Artes), Ourense (Liceo), Pontevedra (Facultade de Belas Artes) e Lugo (Casa do Saber).
Patrocinado pola secretaría de Cultura da Xunta de Galicia, Do Audible puña en diálogo a música co pensamento, coa natureza e coa arte. Na liña de traballo de Vertixe Sonora, fúxese da sacralización do feito musical e da súa escoita, intentando que o pouso conceptual e intelectual da composición contemporánea non sexa unha lousa, senón un estímulo para o ouvinte. De aí que neste ciclo Do Audible os concertos estiveran introducidos polo musicólogo Emilio Lede, cunha vontade didáctica, formativa, de acompañamento, de guía para o espectador.