Concerto Carlos Núñez e Orquestra Sinfónica de Galicia
- Categoría: Produción nas Artes Escénicas
- Data: 11 setembro 2010
- Cliente: Xacobeo 2010. Consellería de Cultura e Turismo
Para o gaiteiro máis internacional de Galicia era un soño tocar no corazón de Santiago de Compostela no ano Xacobeo; para PXC un reto producir ese soño que requería dun escenario de 22 metros de boca e 20 de fondo!
Sete días de traballo in situ, entre montaxe, execución e desmontaxe, foron necesarios para poñer en pe o espectáculo de Carlos Núñez na compostelá Praza do Obradoiro xunto á Orquestra Sinfónica de Galicia. Para o gaiteiro máis internacional de Galicia era un soño tocar no corazón de Santiago de Compostela no ano Xacobeo; para PXC un reto producir ese soño que requería dun escenario de 22 metros de boca e 20 de fondo! Cinco días antes do concerto chegaban á praza os seis trailers que portaban a estrutura e comezouse a construción da mesma. A partir de aí, non paramos. Dous días antes do espectáculo, montáronse os equipos de iluminación e son; o primeiro concerto sinfónico de Carlos Núñez contaba co traballo de Roch Segovia, experto na iluminación espectacular de concertos folk en todo o mundo.
Todas as cifras deste concerto foron abraiantes: milleiros de persoas escoitaron o concerto en directo no Obradoiro e moitísimas máis seguírono na retransmisión da televisión autonómica, cen músicos no escenario entre a banda de Carlos Núñez, a Sinfónica e The Chieftains, máis de cincuenta mil quilos de estrutura, preto de duascentas bases para soportala, máis de cento cincuenta persoas traballando na produción…