Culturgal 2013
- Categoría: Acción cultural
- Data: 29 e 30 de novembro, 1 decembro 2013
- Cliente: Asociación Culturgal
Como empresa integrada na Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) e, polo tanto, en Culturgal, responsabilizámonos do traballo de comunicación da edición 2013 da Feira das Industrias Culturais.
Traballando estreitamente co coordinador da Feira, Xosé Manuel Aldea, e coa directiva da Asociación Culturgal, púxeronse a rodar novas mensaxes na procura de maior implicación empresarial e social no evento. Co lema “Ti contas no Culturgal” púxose en marcha unha campaña co obxectivo de que o público no seu conxunto pase a ser progresivamente un importante patrocinador da Feira. Desde o mes de agosto até o remate da Feira elaboramos contidos, dinamizamos web e redes, asistimos na comunicación interna coas empresas participantes, xestionamos accións cos medios, deseñamos un plan publicitario acorde á redución orzamentaria e producimos diferentes materiais promocionais. Culturgal 2013 acolleu máis de 145 actividades durante tres días, coa presenza de máis de setenta stands representativos de institucións, empresas e creadores. Ao redor de 14.000 persoas gozaron da Feira durante os tres días da mesma.
http://culturgal.com