Culturgal 2014
- Categoría: Acción cultural
- Data: 5, 6 e 7 decembro 2014
- Cliente: Asociación Culturgal
Gastrocultura, arte contemporánea e o novo espazo bebés foron novas destacadas na difusión da Feira en 2014.
Como empresa integrada na Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) e, polo tanto, en Culturgal, responsabilizámonos do traballo de comunicación da edición 2014 da Feira das Industrias Culturais. Nesta sétima edición, que se celebrou no Pazo da Cultura de Pontevedra baixo o lema “Constrúe Culturgal”, o público da Feira tivo que abonar unha entrada de pago por acceder ao recinto. Esta era unha das grandes novedades da Feira das Industrias Culturais en 2014, superando a proba con nota xa que preto de 15.000 persoas achegáronse a Culturgal, unha cantidade semellante á das últimas edicións. Gastrocultura, arte contemporánea e o novo espazo bebés foron novas destacadas na difusión da Feira.