Día Internacional da Muller
- Categoría: Eventos sociais
- Data: Cada 8 de marzo
- Cliente: Departamento Igualdade do Concello de Vigo
Desde hai algúns anos colaboramos na organizacións das actividades que cada 8 de marzo promove o departamento de Igualdade do concello de Vigo en colaboración co Consello Municipal da Muller.
Neste órgano están representadas as mulleres do movemento feminista, veciñal, político e sindical da cidade e nel debátense iniciativas para conmemorar este día. Nós encargámonos habitualmente de acondicionar a praza viguesa que leva o nome de 8 de marzo, na Avenida das Camelias, e proveer dos recursos necesarios para acoller o programa de actos que se desenvolve durante toda a xornada. Miniconcertos, títeres, lecturas públicas, obradoiros, etc, forman parte da programación do Día da Muller.