Formas breves, Outras, 25
- Categoría: Proxectos museográficos e montaxe de exposicións
- Data: 01/06/2012-14/10/2012
- Cliente: Museo de Arte Contemporánea de Vigo MARCO
Formas breves, Outras, 25 é a nosa primeira montaxe no MARCO, unha institución veciña da que seguimos o seu traballo e que consideramos fundamental na vida cultural da cidade.
Nunca traballaramos xuntos pero os resultados finais foron moi satisfactorios. Catorce artistas experimentaban nos seus traballos ao redor da lectura; ademais unha delas, Amélie Dubois, presentaba unha peza específica para o MARCO.
A mostra estaba coproducida co FRAC Lorraine de Metz, centro co que o MARCO convocara o Premio para Novos Comisarios, do que saíra gañadora Anja Isabel Schneider. Con ela e con Paul Edward Guy, técnico de montaxe do museo vigués, colaboramos estreitamente durante os días previos á inauguración.