Gabinete de Curiosidades Científicas do Museo de Mar de Galicia
- Categoría: Proxectos museográficos e montaxe de exposicións
- Data: Decembro 2011
- Cliente: Museo do Mar de Galicia
- Máis info:
Os gabinetes de curiosidades científicas naceron no século dezasete para mostrar todas aquelas rarezas e marabillas da natureza procedentes das expedicións que ían descubrindo o mundo.
O Museo do Mar de Galicia quería crear un espazo que conectase con esa tradición desde un punto de vista contemporáneo.Tratábase de establecer un espazo permanente dentro do museo, nunha sala de algo máis de corenta metros cadrados, que mostrase os resultados das expedicións científicas deste século, que xa non teñen como obxectivo a superficie terrestre senón os fondos mariños. Un teito dun azul escuro espello e as paredes de paneis de metacrilato retroiluminado abondaban na idea de introducirnos nun espazo oculto á vista do home, un hábitat no que a luz apenas tiña dificultades para introducirse.
As pezas artísticas, desta vez, serían peixes, esponxas, estrelas de mar, etc, metidas en tarros de cristal. Os panos de metacrilato engarzábanse mediante ranuras nas que se encaixarían as baldas de vidro que soportarían os tarros; isto nos permitía flexibilidade á hora de colocalas. A intervención gráfica estaba condicionada polo metacrilato e a iluminación; o deseñador Antonio Doñate optou por unha imaxe que conectara coa do Museo do Mar ao tratarse dunha intervención permanente; unha pinga de auga turquesa que xoga con fondos de ton vengué. A transposición no século vinte e un daqueles primeiros e barrocos gabinetes de curiosidades do dezasete.
O deseño do espazo é obra de MAM Arquitectos.