Menchu Lamas. O tempo é un círculo
- Categoría: Proxectos museográficos e montaxe de exposicións
- Data: Xuño-Xullo 2011
- Cliente: Concello de Vigo
Algúns dos traballos máis recoñecidos da artista Menchu Lamas incluíanse na retrospectiva da Casa das Artes de Vigo, O tempo é un círculo; vintecinco pezas de grande formato que, en realidade, constituían a primeira gran mostra individual da artista na súa cidade.
Para contemplar o conxunto de pinturas máis vellas, o espectador introducíase nun espazo de paredes pintadas de azul escuro cuxa luz tenue contrastaba coa explosión de cor do groso da obra mostrada na Casa das Artes. Tamén foi habilitado un espazo —de novo recorreuse ao escurecemento das paredes— para que os visitantes puidesen ver a través dunha proxección o modus operandi da pintora.