MICA Atlántica
- Categoría: Eventos sociais
- Data: 23-26 novembro 2013
- Cliente: Agadic
A cultura arxentina desembarcou na Cidade da Cultura a través de diferentes creadores e axentes que participaron no MICA Atlántica, organizado pola Secretaría de Cultura Presidencia de la Nación de Argentina e pola Xunta de Galicia coa intención de establecer vías de coñecemento e intercambio con Galicia e Europa.
Este evento aspira a consolidarse como un foro internacional de referencia entre empresarios galegos, portugueses e arxentinos, onde a conexión trasatlántica e os lazos históricos e culturais son unha avantaxe. Organizáronse con tal fin rondas de negocios, conferencias, debates e presentacións artísticas en vivo. A encomenda que tiña PXCultural era levar a cabo a montaxe seguindo as directrices do responsable arxentino desta feira e asistíndoo no deseño e distribución espacial. Instalarónse totems e tarimas, equipos técnicos, sinaléctica, mobiliario e estruturas lahyer. De feito, no espazo editorial ergueuse unha Biblioteca Lahyer para unha selección de 300 títulos arxentinos e galegos.