Museo Galego do Entroido (MUGAE)
- Categoría: Proxectos museográficos e montaxe de exposicións
- Data:
- Cliente: Museo Galego do Entroido
A colección de traxes do MUGAE é un conxunto de enorme riqueza e atractivo. Representa, ademais, vinte entroidos diferentes de Galicia e Portugal. Un punto forte. En virtude dun convenio entre a Deputación de Ourense e o concello de Xinzo de Limia, o museo reabre en 2016, coa colaboración de PXCultural, na procura de estabilidade e cun horizonte alentador.
O Museo Galego do Entroido (MUGAE) toma novo alento en 2016. Un proxecto que ten todo para converterse, desde Xinzo de Limia, non só nun centro expositivo para o Entroido senón nun foco de investigación sobre o mesmo. O MUGAE propón un percorrido polo Entroido en Galicia desde un dos seus epicentros.
A colección de traxes do MUGAE é un conxunto de enorme riqueza e atractivo. Representa, ademais, vinte entroidos diferentes de Galicia e Portugal. Un punto forte. Entre as tarefas urxentes do MUGAE, situarse na rede museística e cultural do país, mellorar a experiencia da visita e completar unha catalogación de fondos que acabará de dar forma a unha magnífica colección.
En virtude dun convenio entre a Deputación de Ourense e o concello de Xinzo de Limia, o museo reabre en 2016, coa colaboración de PXCultural, na procura de estabilidade e cun horizonte alentador.