Obradoiros de máscaras: cigarróns e peliqueiros no Gaiás
- Categoría: Acción cultural
- Data: 11 e 12 de febreiro 2013
- Cliente: Fundación Cidade da Cultura
As carautas dos peliqueiros e dos cigarróns están feitas de madeira pintada cunhas cores ben chamativas.
Non se cubre só a cara, senón que ten unha prolongación metálica, da que penduran dous pompóns, con motivos de animais, e, detrás leva unha pelica (na antigüedade de gato montés, de lobo ou raposo), da que ven o nome de peliqueiros en Laza. As diferenzas entre a indumentaria dos peliqueiros e dos cigarróns son de matiz. Ambos teñen en común que non paran de correr en grupo, facendo soar as súas chocas, sen descobrir nunca o seu rostro. No obradoiro que desenvolvimos na Cidade da Cultura no Entroido quixemos darlle a coñecer a rica tradición do Entroido galego aos máis novos da casa aprendéndolles a maxia das máscaras tradicionais. Colaborou con nós Manuel Silva, un artista multidisciplinar que aplica a creatividade a diferentes campos de acción.