Plantando botellas. Día Internacional do Medio Ambiente

  • Categorí­a:
  • Data: 6 xuño 2014
  • Cliente: Fundación Cidade da Cultura

Reciclando unha botella de plástico de auga a través dun sinxelo traballo artístico e converténdoa en tarro, os visitantes podían levarse un cultivo ecolóxico a casa

Desde a Cidade da Cultura convidáronos a participar na celebración do Día Mundial do Medio Ambiente e formulamos unha actividade que proporcionara ao visitante unha pequena recompensa pola súa sensibilidade. Reciclando unha botella de plástico de auga a través dun sinxelo traballo artístico e converténdoa en tarro, os visitantes podían levarse un cultivo ecolóxico a casa. En colaboración con Feitoría Verde, especialistas en educación ambiental e cultivos ecolóxicos, e Tamara Sánchez, da escola Crearte da Coruña.