Presentación da Cidade do Mar
- Categoría: Eventos sociais
- Data: 10 Febreiro 2009
- Cliente: Xunta de Galicia
En PXC encargámonos de producir o acto protocolario que tivo lugar na Fundación Barrié de la Maza polo que o concello de Vigo e a Xunta de Galicia asinaban a adquisición de terreos da finca da ETEA (antiga Escola de Transmisións e Electricidade da Armada) para a posta en marcha da Cidade do Mar.
A operación significaba a recuperación para uso público de máis de trinta e cinco mil metros cadrados de terreo á beira do mar, destinados á investigación mariña. No acto participaban o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, o secretario de Estado de Investigación, Carlos Martínez, a delegada da Zona Franca, Teresa Pisano e o alcalde de Vigo, Abel Caballero. As súas intervencións alternábanse coa proxección de imaxes, textos e infografías ilustrativas das futuras instalacións. O acto, de alta voltaxe política e simbólica para a cidade, precisou de varias intervencións no auditorio da Fundación Barrié: plataformas para as intervencións e para a prensa, instalación dunha maqueta, disposición da imaxe gráfica, proxeccións, etc.