Promoción turística de Vigo no mercado asiático

  • Categorí­a:
  • Data: Febreiro-Xuño 2013
  • Cliente: Concello de Vigo

Touroperadores, xornalistas e blogueiros destacados estiveron a descubrir no mes de abril as cualidades de Vigo como destino turístico.

Facíano no marco da campaña emprendida polo concello de Vigo para promocionar a cidade no mercado asiático, concretamente en Corea do Sur. Colaboramos co departamento de Turismo da administración local nunha iniciativa que incluía unha serie de accións promocionais en medios e redes, a organización dun famtrip que trouxera a Vigo a axentes turísticos coreanos (operadores de viaxes, periodistas, bloggers) e o nomeamento do xogador do Real Club Celta Park Chu Young como embaixador de honra da cidade en Corea do Sur. Este acto, central na campaña e que contou coa presenza dos participantes no famtrip, tivo lugar na Casa Galega da Cultura e estivo precedido por unha conferencia do embaixador coreano en España, Oh Dae-Sung, sobre as oportunidades comerciais no seu país.