Proxecto Costa da Morte
- Categoría: Proxectos museográficos e montaxe de exposicións
- Data: 4 febreiro-8 maio 2011
- Cliente: Museo do Mar de Galicia
- Máis info:
Proxecto Costa da Morte
(PDF, 386.45kB)
Manuel Sendón, fotógrafo e comisario deste proxecto convidou a tres artistas a traballar ao redor da Costa da Morte como territorio de creación artística.
Fran Herbello, que deixou de lado a fotografía convencional para deixar que fose o sol o que producise imaxes sobre teas, Graciela Sacco, con videoinstalacións ao redor dos significados do mar, e Luis González Palma, utilizando cinco fotos e postais para pedir a intervención do público, foron os artistas convidados. Cada unha das salas acollía un vinilo cos texto explicativos dos artistas que contribuía a armar o discurso. O deseñador Antonio Doñate encargouse da parte gráfica, que incluía unha publicación da mostra.