Soporte Sonoro
- Categoría: Proxectos museográficos e montaxe de exposicións
- Data: Decembro 2010
- Cliente: Agadic
- Máis info:
Soporte Sonoro
(PDF, 373.67kB)
Con motivo da celebración da feira das industrias creativas galegas, Culturgal, en decembro de 2010, encargámonos de coordinar a montaxe da exposición Soporte Sonoro no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Co comisariado de Xulio Gómez e Xosé Aldea e co patrocinio do programa Creativa, a exposición propuña un percorrido pola historia da gravación e reprodución sonora a través da variedade de aparellos e formatos, do cilindro de cera ao disco compacto, do fonógrafo ao radiocasete, que permitiron a expansión popular de sons e melodías. As pezas expostas en Soporte Sonoro procedían na súa maioría da colección particular de Ernesto Romero e a mostra incluía tamén unha peza estrela: o magnetófono de fío, ideado por Juan Portela Seijo en 1939, que foi cedido pola súa familia. A Escola Sinsal aportaba tamén un conxunto de pezas singulares. Para a montaxe houbo que ter en conta o coidado requirido polas pezas pero tamén o feito de atoparse a mostra nunha feira na que interesaba que o público topase con ela nada máis entrar no recinto. Optouse por unha estrutura de layher para mostrar as pezas e guiar o discurso expositivo.