Tempo escuro
- Categoría: Proxectos museográficos e montaxe de exposicións
- Data: 13 novembro 2010-27 febreiro 2011
- Cliente: Museo do Mar de Galicia
A exposición Tempo Escuro estaba centrada nas fotografías do alemán Peter Schneider realizadas na Costa da Morte durante as cinco semanas que seguiron ao accidente do Prestige.
Para reforzar o contexto do oitavo aniversario daquel desastre económico e ecolóxico, construímos para o Museo do Mar unha réplica da bita de proa. Esta era unha peza do barco que tiña un significado relevante para entender o alcance do sinistro xa que a presión da auga no fondo do mar expulsara a tapa da bita de proa permitindo que se liberaran vertidos. Posteriormente atopárase esa tapa, a única peza do Prestige que se conserva en terra e que se podía contemplar na mostra Tempo Escuro xunto á réplica da bita. A dirección do museo tamén nos encargou a realización dunha breve peza de animación que explicase aos visitantes a presión exercida pola auga sobre o barco afundido.