Vari Caramés. Sen numerar

Comezamos a colaborar coa Galería Javier Teniente cunha exposición de rarezas vintage do fotógrafo Vari Caramés. “Sen numerar” non foi unha exposición ao uso. Tampouco Vari Caramés (A Coruña, 1953) como artista o é.

Comezamos a colaborar coa Galería Javier Teniente cunha exposición de rarezas vintage do fotógrafo Vari Caramés. “Sen numerar” non foi unha exposición ao uso. Tampouco Vari Caramés (A Coruña, 1953) como artista o é. Fártase de dicir que non é un intelectual, senón un apaixoado que gusta de fantasear a través do obxectivo, de xogar coas imaxes. As fotografías incluídas nesta selección saben a peza única, vintage, artesanal. Son rarezas; instantáneas únicas que Vari Caramés atesoura desde anos atrás. Porque un fotógrafo aprecia aquelas copias reveladas por el mesmo, aquelas que non teñen par. Papeis que xa non se fabrican, texturas para a memoria, grans que dan vida ás escenas e, en todo o conxunto, branco e negro.