Vigo Transforma

Na súa segunda edición, encargámonos da produción técnica do Vigo Transforma, un dos festivais máis esperados do verán galego malia a súa curta traxectoria, promovido pola empresa Esmerarte.

A produción dun festival como este esixe un intenso traballo previo para detectar todas as necesidades do evento, que inclúen as propias de cada artista. Vigo Transforma conta con dous escenarios, —un deles para as propostas musicais locais— dos que hai que encargarse na montaxe, no seu acondicionamento e na desmontaxe, pero ademais acolle outras actividades alén da música, como desfiles de moda, talleres ou presentacións, que requiren tamén da súa propia escenografía. O festival promovido por Esmerarte xuntou en 2011 ao redor de vinte mil persoas.