Wilco

Wilco

Wilco volvía a Galicia no marco dunha xira que estaba deixando encantada, unha vez máis, á crítica musical e á fiel parroquia do grupo. Para PXC atender o encargo dos colegas de Sinsal Audio de responsabilizarnos da produción do concerto da banda estadounidense resultaba un pracer.

Non iamos deixarnos impresionar pola perfección lograda nas citas anteriores: o de Vigo tamén sería un concerto perfecto desde o punto de vista técnico. Non é que este encargo fose un máis. Nin moito menos. O cambio de emprazamento uns días antes do concerto, debido aos problemas de son do Pavillón das Travesas, levounos ao Auditorio Mar de Vigo, un recinto no que aínda non traballaramos. As mil cincocentas persoas que asistiron ao concerto saíron satisfeitas; para nós tamén foi unha satisfacción contribuír ao éxito do directo vigués da banda liderada por Jeff Tweedy.