WOMEX 2016
- Categoría: Eventos sociais
- Data: 19/10/2016-23/10/2016
- Cliente: Nordesía Producións
WOMEX 2016 foi un éxito tanto en termos de participación profesional na Feira como en asistencia de público xeral aos eventos e no retorno económico para a cidade de Santiago de Compostela. En PXCultural encargámonos da montaxe.
WOMEX 2016, a feira de músicas do mundo máis relevante, celebrouse en Santiago de Compostela con apoio institucional e promovida por Nordesía Producións xunto á directiva de WOMEX, con sede en Alemaña. PXCultural encargouse da montaxe da feira, na que participaron máis de 600 expositores procedentes de 50 países, e tamén dalgúns dos escenarios para concertos e showcases. A feira ocupou practicamente toda a superficie do Museo de Galicia na Cidade da Cultura e o desenvolvemento do traballo de deseño, construción de stands, instalacións e ncesidades extras diversas, recepción de materiais e atención aos expositores, en coordinación con Nordesía e WOMEX, durou varios meses.