10º Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons
- Categoría: Produción nas Artes Escénicas
- Data: 26 xuño-5 xullo 2014
- Cliente: Concello de Vigo
A décima edición reuníu a algúns dos músicos máis destacados do presente do jazz en Europa e Estados Unidos: Michael Wollny, Gilad Hekselman, Hugo Carvalhais, Lucía Martínez, etc.
Colaboramos co Concello de Vigo na produción da décima edición de Imaxina Sons en 2014, que inaugurou o pianista mallorquí Marco Mezquida e pechou na Praza da Constitución Riverside Quartet, coa presenza de Dave Douglas. A décima edición reuníu a algúns dos músicos máis destacados do presente do jazz en Europa e Estados Unidos: Michael Wollny, Gilad Hekselman, Hugo Carvalhais, Lucía Martínez, etc. O concerto con maior afluencia de público tivo lugar na Praza da Constitución e foi o do grupo galego Sumrrá, que presentou un proxecto exclusivo con convidados para Imaxina Sons.