Gala do deporte, Universidade de Vigo

21ª Gala do Deporte Universidade de Vigo

  • Categorí­a:
  • Data: 29/11/2012
  • Cliente: Universidade de Vigo

Comezamos o outono traballando co Servizo de Deportes da Universidade de Vigo para organizar unha gala que pretende ser un escaparate anual, non só do deporte universitario, senón da filosofía e obxectivos dunha universidade moderna e solidaria.

O evento debía ser máis que unha entrega convencional de premios ao estudantado deportista; pretendía ser unha celebración da actividade física e intelectual que se desenvolve nos campus de Vigo, Pontevedra e Ourense. Colaboramos no deseño da estrutura, no guión e na xestión de premios e condución da gala, tarefa para a que tivemos a sorte de contar co xornalista Alfonso Hermida. Tamén axudamos na creación por parte da Universidade dos Premios VIDA e Acción Solidaria, destinados ao recoñecemento do deporte extrauniversitario.

E, por suposto, traballamos na produción do evento in situ, neste caso no Auditorio do Centro Social Novacaixagalicia en Vigo, construíndo unha escenografía tan minimalista como efectiva á hora de dotar de solidez a festa anual do deporte da Universidade de Vigo.