3º Festival de Creación Musical Contemporánea VertixeVIGO

Temos tres liñas de colaboración en difusión abertas con Vertixe Sonora: o ciclo Do Audible, o Festival VertixeVIGO e as actuacións internacionais.

Unha programación que converte a cidade nun espazo privilexiado a nivel europeo para os sons avanzados. Así é o Festival de Creación Musical Contemporánea VertixeVIGO que en 2015 chegou a súa terceira edición con vontade de medrar e chegar a máis público. Colaboramos coa asociación Vertixe Sonora na difusión do festival, co obxectivo de situalo na axenda cultural de Vigo e contorna e conseguir repercursión en medios especializados. Tamén botamos unha man na produción do concerto inaugural no Auditorio Martín Códax do CSM de Vigo.
Fotografía Vertixe Sonora Ensemble: Pablo Prados
Imaxe gráfica festival: Paulo Pascual