7º Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons

Colaboramos estreitamente co concello de Vigo no Festival de Jazz Imaxina Sons, desde o seu nacemento en 2005.

Trátase dun festival moi completo, que dura entre nove e trece días e do que xa van alá sete edicións —seis baixo a dirección artística de Baldo Martínez e unha con Nani García—. Nas tarefas de produción hai que tratar con máis de cen músicos e traballar con escenarios cubertos e ao aire libre así como, en xeral, dar soporte a unha programación que inclúe varias actividades ao día como concertos, recitais ou proxeccións de películas. Milleiros de persoas, de Vigo pero tamén de fóra da cidade, participan en cada edición de Imaxina Sons.