ImaxinaSons 2012 ImaxinaSons 2012 ImaxinaSons 2012 ImaxinaSons 2012

8º Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons

Colaboramos estreitamente co concello de Vigo no Festival de Jazz Imaxina Sons, desde o seu nacemento en 2005.

A oitava edición non foi allea aos recortes padecidos en todos os ámbitos; o orzamento do festival reduciuse nun corenta por cento respecto de anos anteriores. Porén, durante os dez días nos que se desenvolveu, Imaxina Sons, baixo a dirección artística de Nani García, converteuse de novo nunha referencia cultural en Vigo e en Galicia, en xeral. Esta edición foi inaugurada por Luisa Sobral, na que foi a primeira incursión galega da cantante de Portugal, e pechada pola Orquesta Voland, un proxecto ideado por Roberto Somoza e Quinito Mourelle como viaxe musical por toda Europa.