Imaxinasons 2013 Imaxinasons 2013

9º Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons

Colaboramos co Concello de Vigo na produción dunha nova edición de Imaxina Sons en 2013, que inaugurou o fantástico pianista de orixe armenia Tigran no Auditorio Municipal e pechou o acordeonista francés Richard Galliano nun concerto multitudinario na Praza da Constitución. Unha novena edición dirixida por Nani García na que se puxeron en marcha novas actividades como a Academia de Sons, con propostas para todas as idades no MARCO, e Jazz fóra de lugar, unha serie de actuacións de bandas locais en prazas e recunchos da cidade. Sen dúbida, a vaga de calor que tivo lugar durante o festival animou á participación do público nos concertos ao aire libre.