Antonio Fernández. Pintor de tres mundos

No ano no que se conmemoraba o 130 aniversario do seu nacemento, o concello de Tomiño volcouse coa figura e legado do pintor de Goián Antonio Fernández (1882-1970).

A exposición “Pintor de tres mundos”, comisariada por Carlos L. Bernárdez, marcouse como obxectivo reunir no Centro Goianés un conxunto representativo da obra deste artista, formado en Brasil, depositada en coleccións particulares e en museos galegos como o Quiñones de León en Vigo ou a Fundación María José Jove na Coruña. PXCultural tiña como tarefa principal a xestión e transporte de boa parte das obras cedidas e a montaxe da exposición.