Auga doce

Pezas procedentes de centros como o MoMa, Musée D’Orsay, Victoria & Albert, Rijksmuseum, Reina Sofía, Thyssen-Bornemisza, CGAC, Museo de Pontevedra, etc, deron forma a unha mostra que procuraba unha ollada reflexiva e solidaria ao redor da auga.

Traballamos na montaxe de Auga Doce na Cidade da Cultura de Galicia, unha grande exposición, que ocupou os catro andares do Museo de Galicia, para afondar no mundo da auga e propoñer ao espectador unha viaxe polas propiedades das augas dos ríos en todo o mundo. Pezas procedentes de centros como o MoMa, Musée D’Orsay, Victoria & Albert, Rijksmuseum, Reina Sofía, Thyssen-Bornemisza, CGAC, Museo de Pontevedra, etc, deron forma a unha mostra que procuraba unha ollada reflexiva e solidaria ao redor da auga.