Carlos Núñez no Festival da Luz

Carlos Núñez no Festival da Luz

Acompañamos ao músico galego máis internacional ao Festival da Luz en Boimorto (A Coruña), unha iniciativa solidaria e comprometida co medio rural promovida desde 2012 pola cantante Luz Casal e cuxa recadación destínase ao Banco de Alimentos de Galicia.

O concerto de Carlos Núñez, no que nos encargamos da produción, formulouse como unha actuación especial para pechar o festival, contando coa banda de gaitas Cerne no escenario. O concerto demostrou porque Carlos Núñez, ao longo de case vinte anos de carreira musical, está considerado o gaiteiro con maior proxección mundial, vendendo máis de un millón de discos e sendo candidato en dúas ocasións aos Grammy latinos.