Carme Nogueira: colaboracións

Unha das liñas de traballo que sobresae na traxectoria da artista Carme Nogueira (Vigo, 1970) é aquela que a leva a intervir no espazo público, interrogándoo e interpretándoo na procura da súa memoria.

O encontro entre o rural e o urbano nas nosas cidades ou a vivencia do espazo público que teñen os seus habitantes son obxectivos do traballo de Carme Nogueira, cuxa obra está presente en coleccións tan relevantes como a do Centro Galego de Arte Contemporánea e o Museo Reina Sofía. En PXC acompañámola nalgúns dos seus proxectos dándolle soporte na produción de materiais e pezas. Foi o caso do proxecto Nos Camiños, coa instalación en Cabral dunha maqueta construída con polistireno comprimido sobre pranchas de cortiza, na que se reproducía, a escala 1:250 a contorna da fábrica de louza de Álvarez, en 2007, ou na construción e transporte do contedor de Feminismos no ano 2009, un dispositivo móbil en madeira que forma parte dun proxecto aberto do que tamén participaron Uqui Permui e Anxela Caramés, co obxectivo de acoller o arquivo do feminismo galego.

http://www.cntxt.org/