Ciclo de Cine Realidade

Coa inestimable contribución como comisario do crítico Martin Pawley, en PXC organizamos durante os últimos veráns o ciclo de cine «Realidade», que enchía de público a praza do Rei de Vigo durante as noites de agosto.

O poder, os camiños e as fronteiras, a relación entre imaxes e sons, o relato biográfico…En cada edición, un eixe temático para disfrutar de títulos en 35 mm que non acostuman estar nas salas comerciais e que, porén, congregan a un número importante de persoas que procuran outro cinema. Para este ciclo de cine ao aire libre, no que colocabamos mil cadeiras, utilizouse unha pantalla de 8×6 metros e un equipo de 6.000 watios de potencia. Os carteis foron deseñados por Antonio Doñate.