CineGalicia 25

Traballamos na montaxe de CineGalicia 25 e tamén cedimos varias pezas, entre elas o proxector do xa desaparecido Cine Vigo.

Colaboramos coa exposición Cine Galicia 25, comisariada por Miguel Anxo Fernández e que partindo de1989 como data clave para o cine galego, percorre o audiovisual do país.. Sempre Xonxa de Chano Piñeiro, Continental de Xavier Villaverde e Urxa de Carlos A.L. Piñeiro e Alfredo García Pinal, as tres primeiras longametraxes de ficción galegas, estreáronse do 23 ao 26 de novembro do 89 en Vigo, marcando o inicio dun prometedor futuro para o audiovisual do noso país. Ademais, a expo inclúe un interesado apartado dedicado ao cine en Galicia anterior aos anos oitenta. Traballamos na montaxe e tamén cedimos varias pezas, entre elas o proxector do xa desaparecido Cine Vigo.