Festas de Verán de Vigo. Concertos Auditorio do Parque de Castrelos

Festas de Verán de Vigo. Concertos Auditorio do Parque de Castrelos

En PXC estamos convencidos de que o auditorio do Parque de Castrelos en Vigo é un dos mellores recintos de concertos do mundo e temos unha ampla experiencia na produción integral de espectáculos que alí se celebran durante as Festas de Verán da cidade.

Nos últimos anos asumimos a produción dos concertos de Patti Smith, Oasis, Norah Jones, Bad Religion, Metallica, Juanes, Emir Kusturica, Rubén Blades, Milladoiro, Julieta Venegas, Pereza, Amaral, Mika ou Artic Monkeys, entre outros. O noso obxectivo é que tanto os artistas como os milleiros de persoas que asisten, tanto no graderío como na área de pago, queden satisfeitos coa experiencia.

Cómpre ter en conta moitos aspectos diferentes en cada concerto: debemos encargarnos do escenario, dos valados, da instalación dos equipos de son e iluminación, do equipo audiovisual, do mobiliario, das cadeiras (son colocadas 2.500 nos espectáculos que requiren de asento), etc, ademais da vixilancia e da seguridade.