Festival Alternativo das Artes Escénicas de Vigo. ALT

Festival Alternativo das Artes Escénicas de Vigo. ALT

PXC encárgase da produción dun dos eventos culturais máis singulares da cidade de Vigo: o Festival Alternativo das Artes Escénicas de Vigo ALT, con xa unha década de andaina.

En estreita colaboración coa directora artística do mesmo, Lola Correa, e coas compañías participantes, procuramos as mellores solucións para un festival que ocupa diversos recunchos da cidade, tanto a cuberto como ao aire libre. As propostas do ALT non son convencionais e mostran as novas linguaxes na danza, no teatro e na performance; é un festival provocador e sorprendente que ocupa prazas, rúas, museos e auditorios pero tamén alcanza os escaparates e o transporte público. Ao redor dun cento de compañías participaron no ALT ao longo da súa historia, con especial atención ás propostas galegas máis vangardistas. Para nós esta produción é un reto xa que o noso traballo debe responder ao alto grao de creatividade e innovación dos artistas que participan no ALT.

www.festivalalt.org