Festival Sinsal Son Estrella Galicia 2015

Un traballo que desenvolvimos desde o mes de marzo manexando as singularidades do evento: cartel secreto, realización nunha illa, aforo limitado a 800 persoas por día e, por último, a choiva que acompañou a primeira xornada do evento.

A produtora Sinsalaudio contou con nós para traballos de produción e servizo de comunicación da edición 2015 do Festival Sinsal Son Estrella Galicia na marabillosa illa de San Simón (Redondela). Un traballo que desenvolvimos desde o mes de marzo manexando as singularidades do evento: cartel secreto, realización nunha illa, aforo limitado a 800 persoas por día e, por último, a choiva que acompañou a primeira xornada do evento. Artistas como Owen Pallet, Deerhoof, Sumrrá, All We Are e Champs triunfaron nunha nova edición de SinsalSonEG, que esgotou as entradas de sábado e domingo. Das fotográfias encargáronse Olalla Lojo e David Tombilla.