Fundación Laxeiro: programa exposicións temporais

Colaboramos habitualmente coa Fundación Laxeiro, entidade creada en 1999, na produción do seu programa de exposicións temporais.

Ademais da colección permanente, a Fundación Laxeiro organiza mostras ao redor da obra de Laxeiro e coétaneos pero tamén cunha liña centrada no pensamento estético contemporáneo, con especial atención aos novos artistas galegos. Ao longo de 2013 asistimos á Fundación nos traballos de montaxe das exposicións “Mesa de traballo. Ensamblaxe e collage en Galicia” (1 febreiro-28 abril), “Espiñas coroadas” de Lito Portela (10 maio-14 xullo), “Colmeiro, debuxos de xuventude” (24 xullo-15 setembro) e “Juan Ortí. Traballos verticais” (18 outubro-8 decembro).