Gala 25º aniversario Universidade de Vigo

  • Categorí­a:
  • Data: 4 decembro 2014
  • Cliente: Universidade de Vigo

Contamos coa xornalista da TVG Lorena Pose para conducir a gala e Caxade e o Mago Xacobe contribuíron con música e maxia ao éxito da mesma.

A universidade de Vigo segregábase no curso 1989-1990 da universidade única de Galicia, a de Compostela, e comezaba súa andaina con tres campus: Vigo, Ourense e Pontevedra. Como preludio a un programa de actividades conmemorativo do 25 aniversario, colaboramos co gabinete do reitor e de comunicación na produción dunha gala que tivo lugar o 4 de decembro de 2014 no Auditorio de A Fundación, en Vigo e que foi gravada pola TVG. Encargámonos de coordinar a escaleta e guión, da presentación e parte artística da gala e de adaptar o escenario partindo da imaxe gráfica do aniversario da Uvigo. Contamos coa xornalista da TVG Lorena Pose para conducir a gala e Caxade e o Mago Xacobe contribuíron con música e maxia ao éxito da mesma.