Gala Aldeas Infantiles de Galicia. Concerto de Iván Ferreiro & Amigos

A delegación galega da ONG internacional Aldeas Infantiles, presidida por Rosa Freire, encargounos producir e comunicar un concerto de Nadal no que promocionar o traballo que realizan con nenas e nenos, recaudar fondos e captar novos socios.

O artista escollido, Iván Ferreiro, aceptou o reto de involucrarse de maneira desinteresada nunha gala para a que reuniu un grupo de músicos amigos: Noni de Lori Meyers, Nicolás Pastoriza, Eladio Santos, Amaro Ferreiro, Rubén Pozo de Pereza e Roy Basanta. Esgotadas as entradas no Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo a resposta do público foi abraiante refrendando que Iván Ferreiro é un dos artistas galegos de maior tirón.