Intervención na nova sede Real Club Celta de Vigo

  • Categorí­a:
  • Data: 01-12-2015-20/12/2015
  • Cliente: Real Club Celta de Vigo

Durante quince días traballamos na fachada do edificio, cubríndoa cunha lona especial que transformou a nova casa do Celta nun regalo de Nadal para a cidadanía

Durante o Nadal levamos a cabo un traballo moi especial na céntrica rúa do Príncipe de Vigo. O Real Club Celta de Vigo e o arquitecto Alfonso Penela, encargáronnos “empaquetar” un edificio emblemático da cidade, o do Círculo Mercantil, agora adquirido polo club de futbol para ser a súa nova sede social. Durante quince días traballamos na fachada do edificio, cubríndoa cunha lona especial que transformou o edificio nun regalo de Nadal para a cidadanía. Tamén coordinamos o acto festivo que tivo lugar o 18 de decembro ante centos de cidadás e que contou con actuacións musicais, proxeccións e unha sorprendente solta de globos-led.