José Suárez. Uns ollos vivos que pensan

Para mostrar a extraordinaria fotografía de Suárez, series realizadas en Galicia, América e Xapón, creouse unha atmósfera envolvente coa axuda de enormes cortinas de foam.

Baixo as directrices da Fundación Cidade da Cultura, o arquitecto Alfonso Penela e os comisarios Manuel Sendón e Xosé Luis Suárez Canal, colaboramos na montaxe da exposición “José Suárez. Uns ollos vivos que pensan”. Para mostrar a extraordinaria fotografía de Suárez, series realizadas en Galicia, América e Xapón, creouse unha atmósfera envolvente coa axuda de enormes cortinas de foam como unha segunda pel dentro do Museo de Galicia. A reportaxe fotográfica é de Manuel G. Vicente.