Lapso Music Experience 2015

Estivemos en Santiago de Compostela no nacemento do Lapso Music Experience, cuxa primeira edición contou con The National como cabeza de cartel.

Estivemos en Santiago de Compostela na primavera no nacemento do http://lapsomusicexperience.com, un festival promovido polas empresas I-Radia Crea e Legal Music, cuxa primeira edición contou con The National como cabeza de cartel. Colaboramos na produción técnica, nomeadamente na montaxe e desmontaxe de infraestruturas. Por mor da choiva, o plan inicial de traballo tivo que mudar ao pasar o festival de celebrarse na praza da Quintana ao recinto feiral de Amio.
Fotografía: Cortesía de Lapso