Neuston. Experimento 1. Explorando a interface
- Categoría: Proxectos museográficos e montaxe de exposicións
- Data: Itinerante 2008-2011
- Cliente: CSIC Instituto de Investigacións Mariñas
Que significa Neuston? Así é denominada a comunidade de organismos que viven asociados á superficie do mar, entre a auga e o aire.
Pois entre a ciencia e a arte moveuse este proxecto comisariado por Pepe Pintado, investigador do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo. Tratábase de emparellar a científicos e artistas co seguinte procedemento de traballo: o científico mostraba ao artista o obxecto da súa investigación —fose un peixe, un polbo ou unha bacteria do mexilón— para que este creara un poema, un relato, un debuxo ou unha fotografía. A montaxe da exposición Neuston. Experimento 1. Explorando a interface foi concibida en trinta paneis de aluminio que permitían a súa adaptabilidade ás itinerancias, complementados con soporte audiovisual. O deseño da montaxe debía ter en conta esa dupla linguaxe, a científica e a artística, que aparecían confrontadas. Na súa estrea no mes de xullo de 2008 , durante a Euroscience Open Forum da Fira de Barcelona construíuse un stand para acoller a mostra. A exposición itinerou posteriormente polo Museo do Mar de Galicia (xaneiro-marzo 2009) e polas sedes do Instituto Cervantes en Bruxelas (marzo-maio 2011) e en Fez, Marrocos ( xuño-xullo 2011).
As parellas científico-artísticas foron as seguintes:
- Antonio A. Alonso e Xosé María Álvarez Cáccamo,
- Xosé A. Salgado e Víctor Freixanes,
- Eva Balsa e Martín Caeiro,
- Antonio Figueras e Miguel Vázquez,
- José Franco e Gonzalo Navaza,
- José L. Garrido e Din Matamoro,
- Carmen G. Sotelo e Xavier Queipo,
- Angel Guerra e Miguel Anxo Prado,
- Marta L. Cabo e Marilar Aleixandre,
- Isabel Medina e Fran Alonso,
- Miguel A. Murado e Vítor Vaqueiro,
- SantiagoPascual e Rosa Aneiros,
- José Pintado e Fernando Casás,
- Miguel Planas e Manuel Sendón,
- Fran Saborido e Manuel Vilariño.