O bosquexo do mundo

Artistas que operan en Galicia, pertencentes a diferentes xeracións, reuníanse na expo colectiva “O bosquexo do mundo”, comisariada por Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre, e coproducida polo MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, o Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela, e a Fundación Luis Seoane da Coruña.

O MARCO, que subliñou o esforzo pola produción propia en rede, confiou en PXCultural para a montaxe da mesma. O título da mostra “sérvese da ambigüidade e riqueza do termo ‘bosquexo’, como proxecto ou apuntamento previo á execución dunha obra, e tamén como imaxe mental, como idea latente na mente do artista e no seu ámbito de traballo”. Entre os artistas: Chelo Matesanz, Berta Cáccamo, Din Matamoro, Tatiana Medal, Ignacio Pérez Jofre, Mauro Trastoy e Teo Soriano.