Oiza, Oteiza. Liña de defensa en Atzuza Oiza, Oteiza. Liña de defensa en Atzuza Oiza, Oteiza. Liña de defensa en Atzuza Oiza, Oteiza. Liña de defensa en Atzuza

Oiza, Oteiza. Liña de defensa en Atzuza

Coa fermosa contorna da Praza da Quintana como exterior, encargámonos da montaxe desta exposición na sede do Colexio de Arquitectos de Galicia na chamada Casa da Conga, en Santiago de Compostela.

Nas nosas mans, entre outros materiais, noventa croquis orixinais que documentaban a colaboración entre o escultor Jorge Oteiza e o arquitecto Francisco Javier Sáenz de Oiza; unha relación que comezara cando ambos coincidiran na reconstrución da basílica de Arantzazu nos anos cincuenta do pasado século e que se prolongou no tempo ata a remodelación da casa-obradoiro de Oteiza para convertela en fundación. Os comisarios da mostra, promovida polos colexios de arquitectos catalán e vasco, foron Josep Quetglas, Guillermo Zuaznabar e Fernando Marzá.