Onde o mundo se chama Terranova Onde o mundo se chama Terranova Onde o mundo se chama Terranova

Onde o mundo se chama Terranova

Onde o mundo se chama Terranova xorde a raíz dunha exposición realizada tres anos antes ao redor da pesca do bacallao no mesmo espazo, o Museo do Mar de Galicia.

Cunha perspectiva antropolóxica, Onde o mundo se chama Terranova tiña como obxectivo achegar aos visitantes a vida a bordo dos bacalloeiros que traballaban nun dos caladoiros máis importantes do mundo. Como transmitir a convivencia, a xerarquía, a alimentación, a comunicación (ou a ausencia dela) ou as tradicións entre os homes que compartían a súa vida medio ano nun barco?

Os traballos de produción da exposición foron intensos mais o resultado pagou a pena xa que a montaxe resultou clave para entender a idea matriz da mostra. Reproducimos un laboratorio, a cuberta do barco, a praia de pesca, o comedor e un camarote; vinculadas a cada unha desas estancias, as proxeccións mostraban as tarefas cotiás realizadas nelas. As testemuñas viñan da man de cinco biólogos que narraban a experiencia nun caladoiro de bacallao que tivo o seu momento de esplendor para as embarcacións galegas nos anos oitenta.